Operación Cueiro?!

 Acompañamento do control de esfínteres

Operación Cueiro?!  é un obradoiro para ofrecerche a ti, nai, pai, persoa educadora, información e ferramentas para que acompañes a criatura (cada unha é única e precisa o seu tempo e espazo) na transición do cueiro ao ouriñal ou váter. E para facelo sen présas, sen bágoas, sen malestar. Con moito amor e respecto. Ao xeito de Oxitocina!

Estou dentro
O momento (momentazo!) de deixar o cueiro ten moitas crenzas e presións sociais arredor, que só levan a malestar para as criaturas, as familias, ou ambas as dúas. Neste obradoiro douche o que xa esperas dos contidos de Oxitocina:
  • información veraz e condensada
  • espazo para a reflexión
  • e moito máis!

As nais e pais somos as acompañantes que precisan as nosas criaturas. Observadoras discretas e apoios certeiros. E para iso é bo ter a información necesaria, e poder reflexionar sobre ela, para crear a nosa propia posición ao respecto. Lembra: que non cho conte ninguén, vivénciao ti!

Pois alá que vou

E que mellor acompañamento que na época da transición do cueiro ao váter, ou ao penico? É un período moi importante, tanto a nivel físico como emocional, e con este obradoiro terás máis claves para desenvolver o teu papel. Sen perder tempo e enerxía en ir buscar información e axuda a varios sitios. Porque ti es a súa mellor axuda, e coa información axeitada, aínda máis.

Quero este taller

Este obradoiro achégache:

✅ información esencial e condensada sobre a etapa de transición do cueiro ao ouriñal ou váter

✅ unha visión respectuosa á vez que realista

✅ espazo e tempo para a reflexión e a (auto)crítica sobre un tema tan delicado como o control de esfínteres

✅ ferramentas esenciais para saber detectar os períodos sensibles para o cambio

✅ información clave e precisa para depurar erros do adultocentrismo moi enraizados

✅ argumentos para empoderarte neste campo

 

Dame entrada ao obradoiro

Este obradoiro é sobre todo para ti, nai, pai, que entras ou estás de pleno na etapa dos dous-tres anos, e que precisas ou queres que a túa criatura deixe o cueiro, ou tes a intuición que xa o quere ou pode deixar. E en calquera dos casos quérelo facer dun xeito respectuoso e informado.

 

É para ti como persoa adulta:

  • responsable dunha ou máis criaturas que levan cueiro
  • consciente da importancia dun bo acompañamento sempre, e moi especialmente na infancia (e aínda máis na etapa da primeira infancia, dos 0 aos 3 anos)
  • que quere facelo ben dende o comezo, ou que quere corrixir unha deriva na que non se sinte cómoda
  • que sabe que a protagonista é a criatura
  • que quere deixarlle o espazo e tempo necesarios e axeitados
  • que quere darlle as mellores condicións tamén emocionais
  • que quere vivir a transición que faga a criatura do cueiro ao váter ou ouriñal non como unha batalla, senón como o que é: unha etapa máis e moi enriquecedora para ambas as partes
Si, son eu. Quero facer o obradoiro

Que adquires co pago deste obradoiro?

  1. Clase de perto de media hora
  2. Soporte escrito en pdf
  3. Coñecemento, empoderamento, ferramentas para acompañar mellor…
  4. Bonus extra: audio da clase
  5. Súper Bonus extra: sesión individual de 30 minutos en sala online para que eu te asesore e acompañe no que precises e para as dúbidas particulares que poidas ter con respecto aos contidos do taller.
Xenial, non mo perdo!
Operación Cueiro?! é en formato self-study para que poidas empezalo, paralo, continualo, rematalo… e repetilo!, ao teu ritmo, e as veces que queiras. Tes todos os materiais -as gravacións (clase, Bonus extra) e os apuntamentos (pdf)- dispoñibles para ti para sempre. Tamén a media hora en directo comigo, podes usala cando che vaia mellor!
Xa teño toda a información

Chámome Clara e son a nai do proxecto Oxitocina. Ofrézoche este obradoiro coas experiencias e coñecementos que me dan ser nai, asesora de lactancia e acompañante materno-infantil: no meu día a día aprendo moito, tanto a nivel teórico como práctico!

Hai poucos temas que preocupen máis as familias, e que amolen máis as criaturas se non se fai ben, como o período de abandono do cueiro, non cres? Acotío faise difícil xestionar e acompañar o proceso. Dende aquí espero achegarche ferramentas para que poidas aclarar dúbidas, despexar expectativas innecesarias e corrixir erros moi estendidos. 

Ti es quen mellor pode acompañar a túa criatura, neste período e en todos os demais. Queres que te acompañe eu a ti?

Pois si que quero!

Quedaches con dúbidas ou ganas de saber máis?

clara@oxitocina.gal
Configuración de privacidade
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Privacidade
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google