Unha aventura de…

Esta é unha historia onde se dan a volta ás etiquetas negativas. Poderás personalizarlla a esa nena ou neno que tanto queres e que xa recibiu algunha que outra etiqueta do mundo adulto.

Un conto que lle vai axudar a transformar esa suposta debilidade nun superpoder! Busca o seu, e regálallo personalizándoo co seu nome e cunha dedicatoria única e especial, coma ela ou el!

Unha aventura de…, non é, de feito, unha soa senón once: cada superpoder dálle un cambio ao relato e tamén ás ilustracións clave! De aí que non haxa un libro onde escoller, senón once diferentes!

Pensado previamente para un público primeiro lector (6-8 anos), este conto vai namorar tamén antes e despois do rango inicial de idade. Os ingredientes son máxicos á vez que evidentes: as potentes mensaxes que transmite e as súas ilustracións marabillosas, ao máis puro estilo dos cómics de superheroínas e superheroes, obra da gran artista Clàudia de Puig. 

Etiqueta negativa: unha/un torpe

Etiqueta negativa: rabuda, rabudo

Etiqueta negativa: gralleiragralleiro
Etiqueta negativa: tímidatímido
Etiqueta negativa: unha/un fedello
Etiqueta negativa: choronachorón
Etiqueta negativaunha/un sensible
Etiqueta negativa: amarradaamarrado
Etiqueta negativa: medorentamedorento
Etiqueta negativa: tranquilatranquilo
Etiqueta negativa: puntillosapuntilloso

Se queres aínda máis información, pinchando aquí irás ao produto na páxina da Tenda, e poderás ver algunhas fotos e máis contido referente a esta aventura… que se queres ti tamén podes protagonizar! 

MERCAR O CONTO
Configuración de privacidade
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres usamos o noso sitio web. Se está a usar os nosos Servizos a través dun navegador pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies a través da configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contido e guións de terceiros que poidan usar tecnoloxías de seguimento. Podes fornecer o teu consentimento a continuación para permitir este tipo de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recollemos e como os procesamos, consulte o noso Política de Privacidade
Youtube
Acepta mostrar o contido de - Youtube
Vimeo
Acepta mostrar o contido de - Vimeo
Google Maps
Acepta mostrar o contido de - Google