Adeus!
Este conto é unha ferramenta innovadora para acompañar o proceso de control de esfínteres
Innovadora, si!, porque acompaña a transición do cueiro ao váter ou ouriñal dun xeito respectuoso: sen présa, sen premios e castigos, sen comparacións
Adeus! é un conto único, sen igual. Atrás queda o que está ben e mal, cousas de bebés e cousas de maiores, a vergonza. A proposta de Oxitocina é unha invitación á alegría, ao respecto e á confianza. Porque o cueiro non se quita: déixase.
O rango de idade para o que está pensada a historia é a primeira infancia. As ilustracións tan axeitadas da artistaza Cristina Ouro son a mellor representación gráfica do conto. Un conto que vai cambiar cada vez que se lea, porque inclúe varias preguntas a modo de acompañamento e reflexión, como proposta para, como sempre en Oxitocina, tirar do fío.