Contos
Que hai por aquí?
Contacontos
Historias creadas e recreadas para vós, familia. Entre romper estereotipos, crear novos referentes (femeninos sobre todo) e invertir roles, entre outras falcatruadas, non é de estrañar que quen volos conta non sexa xa Clara, senón Clarafuzas.
Audiocontos
Ideados e ideais para escoitar, contar, compartir, debater… Repartidos nas franxas de idades 0-3, 4-11, +12, e un apartado especial e exclusivo para ti: Maternar, educar, paternar, feito con especial agarimo… e doses de Oxitocina!
Contos personalizados
Escritos e ilustrados para acompañar da man:
-
- as persoas máis pequenas da casa en varios momentos importantes das súas (e das nosas!) vidas: deixar o cueiro ábrelles as portas aos contos personalizados na etapa da primeira infancia! Ilustrado con gran agarimo e beleza pola artista Cristina Ouro.
- o público primeiro lector, e prelector tamén, con historias con máis personaxes, máis argumentos… e máis sorpresas! Descubrir o mundo das Superheroínas e dos Superheroes é toda unha aventura! A artista Clàudia de Puig daralles vida maxistralmente.